PEDAGOGOS DO SÉCULO XX

Despois de traballar sobre autores e autoras e modelos da psicoloxía influíntes no eido da educación infantil, non podiamos esquecernos dalgúns personaxes relevantes.Un deles é Paulo Freire, e por isto, deixovos unha pequena biografía e algunhas das súas ideas para que lle botedes un ollo.


PAULO FREIRE


UN TEXTO DE PAULO FREIRE

CONSTRUCTVISMO



Constructivismo



BEN, ESTES SON ALGÚNS DOCUMENTOS GRÁFICOS QUE PODEN ILUSTRAR MOI BEN OS MODELOS COGNITIVISTAS. IREMOS POÑENDO ALGÚNS VIDEOS

SUMMERHILL

Falamos no día pasado de se había algún vídeo ou similares sobre Summerhil. Non atopei gran cousa pero gustume este que estaba feito por alumnos do primeiro curso de maxisterio en lingua extranxeira. Tamén puiden comprobar que existen álgúns materiais audiovisuais interesantes noutros idiomas.

Veña, falamos, Marcos.



APORTACIÓNS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN INFANTIL

HOLA:

Seica hai algún problema para baixar a presentación. Póñovos aquí un xeito alternativo namentras buscamos outra solución:  presionade enriba de SLIDESHARE e logo en DOWNLOAD e así podedes gardar a presentación.

PICHADE EN "FULL" PARA AMPLIAR A PRESENTACIÓN.

FROEBEL e os seus DONES


FIXÁDEVOS BEN PORQUE ESTÁN UN POUCO DESCOLOCADOS OS NÚMEROS DOS DONES

DECROLY

Pinchade na opción "full" para ver con maior calidade.
Marcos

Montessori

Se pinchades onde pon full, ampliades a fiestra e vedes a información a toda pantalla.Penso que este documento ilustra moi ben quen era Montesssori.Moito ánimo e saudiños.
Marcos

TEMPORAL PEDAGÓXICO

Hola:

Ben, unha vez que estamos en materia. Ando mudando o aspecto do blog para adaptalo aos novos tempos. Tempos de pedagoxía é o que precisamos hoxe en día. E para iso non cabe máis que botar a vista atrás. Como podedes ver aí vai un dos meus pedagogos favoritos.

Estou tentando facer algúns cambios máis no blog, ou sexa, que non vos estrañedes se vedes cousas raras.

Marcos

cine e dereito humanos

Nada, que xa que estamos tamén vos deixo aquí un enderezo moi interesante sobre cine e dereito humanos. Se é posible botadelle un vistazo, seguro que coñecedes algún filme. Nese caso podedes recomendalo ou se vos apetece tamén podedes recomendar algún para ver na clase.

Marcos

Pinchade aquí: CINE E DEREITOS HUMANOS

El niño que gritó puta

Hai moitos filmes interesantes que traballan o tema
da infancia.Este filme ten vinte anos, pero desde o
meu punto de vista trata un tema moi actual.
Coa axuda dun grupo de clase, espero que
poidamos visionalo e comentalo xuntos.

**LoS DeReChOs DeL NiÑo**

bueno pues ahi queda este bonito video que de  una forma divertida nos enseña de que constan los derechos de los niños espero que os guste

O PRINCIPIÑO


        Nesta andadura que iniciamos hai a penas un mes xa temos feito un montón de actividades de grande interese. Para traballar o seguinte bloque de contidos, imos a partir da lectura do Principiño. Por isto, a actividade que imos facer inicialmente será unha lectura comprensiva do libro a partires da que poidamos facer unha síntese que nos permita ubicar as partes esencias. Lembrade que a data límite desa lectura debería ser o xoves 29 de outubro. O día 30 faríamos xa algúns exercizos relativos a este libro.

"Eduardo, o neno máis terrible do mundo"


   A ver se desta vai, este libriño que vos presento resukta moi interesante para trabalar aspectos que teñen que ver coa didáctica, cales?
    A idea é que a través dos vosos comentarios poidamos ir desentrañando o sentido profundo do libro. Ah!, lembrádevos de asinar os vosos comentarios.

ANIMEMOS O BLOG!!!

Estimados alumnos/as, pouco a pouco xa no imos poñendo en marcha. Lembraivos de que podedes empregar o blog para engadir aquilo que estimedes oportuno en relación coa marcha das clases. Recpomendar filmes ou poñer enlaces que poidan ser de interese para os compañeiros e compañeiras.
De entrada, lembrade de que o mércores 21 e o venres 23 faremos algunhas exposicións relativas ao bloque de atención á infancia que estamos vendo nas clases e que estades traballando nos grupos de traballo. Por outra banda, prestade atención a algúns artigos que se van publicando, que poden ser de interese.

Un saudiño, Marcos.