**LoS DeReChOs DeL NiÑo**

bueno pues ahi queda este bonito video que de  una forma divertida nos enseña de que constan los derechos de los niños espero que os guste

O PRINCIPIÑO


        Nesta andadura que iniciamos hai a penas un mes xa temos feito un montón de actividades de grande interese. Para traballar o seguinte bloque de contidos, imos a partir da lectura do Principiño. Por isto, a actividade que imos facer inicialmente será unha lectura comprensiva do libro a partires da que poidamos facer unha síntese que nos permita ubicar as partes esencias. Lembrade que a data límite desa lectura debería ser o xoves 29 de outubro. O día 30 faríamos xa algúns exercizos relativos a este libro.

"Eduardo, o neno máis terrible do mundo"


   A ver se desta vai, este libriño que vos presento resukta moi interesante para trabalar aspectos que teñen que ver coa didáctica, cales?
    A idea é que a través dos vosos comentarios poidamos ir desentrañando o sentido profundo do libro. Ah!, lembrádevos de asinar os vosos comentarios.

ANIMEMOS O BLOG!!!

Estimados alumnos/as, pouco a pouco xa no imos poñendo en marcha. Lembraivos de que podedes empregar o blog para engadir aquilo que estimedes oportuno en relación coa marcha das clases. Recpomendar filmes ou poñer enlaces que poidan ser de interese para os compañeiros e compañeiras.
De entrada, lembrade de que o mércores 21 e o venres 23 faremos algunhas exposicións relativas ao bloque de atención á infancia que estamos vendo nas clases e que estades traballando nos grupos de traballo. Por outra banda, prestade atención a algúns artigos que se van publicando, que poden ser de interese.

Un saudiño, Marcos.