A CUESTIÓN DA BOFETADA PEDAGÓXICA

Holaaaaaa....a verdade é que as aulas que estamos tendo son moi intensas e realmente saen moitos temas de gran interese. Quedei pensando no tema da bofetada pedagóxica e ocorreuseme que podíamos aportar algún documento para defender unha ou outra postura. De entrada, aí vai un primeiro documento para que o vexades e comentedes, a ver onde chegamos.

BENVIDA

Hola, que tal?
Este é o blog do módulo de didáctica da educación infantil do CS de Educación Infantil do IES Chapela. O blog é un instrumento que comezamos a utilizar durante o curso 2009/2010 e que tivo bastante movemento sobre todo nos seus comezos, aínda que logo decaeu un pouco a actividade.

Imos poñelo en funcionamento recuperando todos os contidos que nos poden ser de utilidade durante este curso 2010/2011. Pero como xa iredes comprobando, este instrumento é un recurso que exixe a nosa participación activa para mantelo vivo, por iso vos animo a facer as aportacións que consideredes oportunas e que poidan ser de utilidade.

O primeiro traballiño que temos que facer é poñer a fotografía do grupo deste ano na cabeceira e así, pois xa é noso e podemos desfrutalo a gusto.

Moito ánimo e botádelle un ollo.