Hola, que tal?
Este é o blog do módulo de didáctica da educación infantil do CS de Educación Infantil do IES Chapela. O blog é un instrumento que comezamos a utilizar durante o curso 2009/2010 e que tivo bastante movemento sobre todo nos seus comezos, aínda que logo decaeu un pouco a actividade.
Imos poñelo en funcionamento recuperando todos os contidos que nos poden ser de utilidade durante este curso 2010/2011. Pero como xa iredes comprobando, este instrumento é un recurso que exixe a nosa participación activa para mantelo vivo, por iso vos animo a facer as aportacións que consideredes oportunas e que poidan ser de utilidade.
O primeiro traballiño que temos que facer é poñer a fotografía do grupo deste ano na cabeceira e así, pois xa é noso e podemos desfrutalo a gusto.
Moito ánimo e botádelle un ollo.
Para non esquecer o camiño invisible de Madela
-
Unha homenaxe a Nelson Mandela.
O poema é de William Ernest Henley, e confortaba a Mandela nos seus longos
anos de cárcere. A música é de Ayub Ogada, e ...
Hace 11 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario